Éxito de novo no Trofeo Liceo La Paz

Ainda que os nosos equipos non foron quen de conseguir o título, a imaxe mostrada foi excelente e os nenos competiron de ti a ti en todos os seus encontros e fixeron vibrar a todos os que acudiron á cita coruñesa.

En categoría Benxamín (4º de Primaria) a piques esuvieron os de Anxo e Roberto de meterse na final polo título. Tan só a fatídica quenda de penaltis afastou aos nosos de loitar polo campionato. Durante os 30 minutos de xogo moita igualdade fronte aos Franciscanos de Lugo. Na primeira metade David Pardo adiantou a La Salle logo de culminar de xeito brillante un man a man co porteiro… Antes do tempo de lecer o cadro lucense empataría logo dun saque de esquina. Na reanudación, unha gran galopada de Alberto foi culminada por Álex para poñer de novo en vantaxe ao cadro lasaliano. Sen embargo, antes do final, de novo Franciscanos puxo as táboas. Na xa comentada, quenda de penaltis non houbo fortuna e os nosos víronse abocados á loita polo 3º e 4º posto.  Paradóxicamente, neste encontro as penas máximae sí estiveron de lado dos de Anxo e Roberto que foron quen de acadar o 3º posto. O encontro, que os enfrentou a Peleteiro, foi moi igualado… Peleteiro adiantouse no marcador e despois de moitas alternativas no xogo Álex, a dous minutos do final e logo dun balón solo no área fixo a igualada. O propio Álex, Pedro e Hugo, certiicaron na quenda de penaltis o 3º posto, sen olvidarnos de Xoel que detivo o decisivo.

En Iniciación (2º de Primaria) os dous equipos fixeron un gran papel. La Salle “A” acadou a final despois dun emocionante encontro fronte a La Mercé de Lugo. O encontro púxose costa arriba en primeiro lugar polo balón co que se xogaba a competición, máis propio do voleibol que do fútbol; en segundo lugar polo acerto do contrario que atinou primero na porta de Valentino. O propio balón e o seu bote xogáronlle unha mala pasada ao porteiro lasaliano no 2º tanto. Na reanudación, de novo La Mercé fixo o terceiro nunha xogada illada. A partir de aí, aos nosos non lles quedeou máis remedio que virse arriba, queimando todas as naves e así foi como Luis, con catro tantos lle deu a volta dun xeito incrible a un partido épico. La Salle “B” topouse nas semifinais cun gran Liceo, O anfitrión non deu opción aos nosos aos que lle endosou un claro 5-0. Ainda que os de Eloi o intentaron desde o comezo e incluso chegaron a facer un pao, o encontro acabou do lado locatario. Sen embargo, a loita polo 3º posto foi outra historia. De novo fronte a La Mercé de Lugo, La Salle “B” pasoulle por riba ao equipo da cidade das Murallas endonsando na final un claro 5-3. Pablo Pío en dúas ocasión, Raúl Mateo, Manu Mosteiro e Iago golearon, acadando así un meritorio 3º posto. Na finalísima, La Salle “A” enfrontouse ao intratable Liceo. A pesar de aguantar a primera metade ben e con opcións, na segunda o Liceo veuse arriba e acadou un xusto triunfo. Sen embargo, non hai que restar méritos aos nosos equipos pois deron unha grandísima imaxe. Noraboa a todos os particpantes e aos sus pais que aguantaron estoicamente toda a xornada: Valentino, Mateo Vázquez, Enzo, Álejandro Rey, Luís, Victor, Xoán, Raúl Pardo, Anxo, Mauuel Mosteiro, Manuel Rey, Pablo Pío, Raúl Mateo, Iago, Mateo Cao, Xoel, Juan, Pedro, Alberto, Alejandro Ballesteros, Hugo, Rubén, David e Jorge. Tamén noraboa aos adestradores Eloi, Anxo e Roberto polo seu traballo.

Foi de novo, unha gran xornada de convivencia, onde os nosos pasaron un gran sábado na compaña dos seus amigos e practicando o deporte que máis lles gusta. Por detrás do Liceo, o clube con máis representación e con maiores éxitos foi o noso cun campión, un segundo, e tres terceiros. Para o ano que vén, esperamos repetir estes éxitos e seguir vivindo xornadas tan bonitas como estas.

Equipos de 2º posando co seus trofeos

Equipos de 2º posando co seus trofeos

Equipo de 4º posando co seu trofeo

Equipo de 4º posando co seu trofeo

LICEO LA PAZ: ALEVIÍNS 3º E PREALEVÍNS CAMPIÓNS!!!!!!!!!!!

Este sábado pasado celebrouse na Coruña a final rexional do XXXVI Trofeo Liceo La Paz. Era o turno dos nosos equipos Alevín (6º de Primaria) e Prealevín (5º Primaria) que certificaron a briallante clasificación para esra fase tras procamarse campións en Santiago.

Os alevíns de 6º acadaron un brillante 3º posto. Na semifinal da mañá topáronse cun gran equipo, os Franciscanos de Lugo. Os lucenses rapidamente se adiantaron no marcador con dous goles. Sen embargo, os de Amancio nunca se renderon a base de esforzo, loita e casta, acadaron o empate con dous tantos de Martín. A tres minutos para o final, os Franciscanos anotaron o terceiro tanto logo dunha serie de rexeites no interior do área defendidon por Uxío. Ao final, 3-2.

No partido polo 3º e 4º posto, non houbo cor. Os nosos, vestindo de celeste, derrotaron con claridade a Compañía de María por 0-3 con goles de Ramiro e Martín. Orgullosos da campaña realizada alzaron o trofeo de 30s clasificados  Noraboa a Uxío, Martin, Ramiro, Andrés, David Novo, David Valle, Juan, Rodrigo, Pedro, Manuel o ao seu adestrador Amancio!!

Na competición Prealevín saltou a sorpresa. Os nosos acadaron un espectacular triunfo contra pronóstico e demostraron que a base de traballo todo é posible. Nas seminfinais, defísxéronse de La Merced de Lugo na quende de penaltis. Sen embargo, si o fútbol fose xusto xa non habería que acudir ás penas máximas. Os nosos tiveron moitas máis ocasións que o contrario aínda que ao final o fútbol é o fútbol Os goles dos nosos neste 2-2 foron en propia porta e de Ángel. Na xa citada quenda de penaltis, David foi o heroe detendo dous penaltis.

Na final atopáronse co anfitrión Liceo. Partido moi duro e de moito sufrimento. Durante a primera metada os de Carlos e Peque controlaron ben o encontro sen conceder ocasións e saíndo á contra con perigo. Na segunda metade o Liceo quemou todas as naves e apareceu de novo David baixo paus para manter con vida aos sesus. Aínda así, o Liceo adiantouse no marcador, pero Manuel rapidamente faría táboas ao resolver un rápido contragolpe. Así remataba o encontro. Outra vez decidirían os penaltis e outra vez apareceu David baixo paus para darlle aos seus o campionato Liceo. A David, Ángel, Miguel, Dani, Marcos, Rafa, Aurora, Anxo, Manuel, Alejandro, Pol e Alejandro Laya, darlle a noraboa, o mesmo que aos adestradores Peque e Carlos.

Foi unha xornada de convivencia moi bonita que serviu de experiecia aos nosos nesos para crear lazos e disfrutar do seu deporte favorito. A volta no autobús oif unha auténtica festa con cánticos, risas e moi ambiente. Para a semana que ven, máis!!!

Noraboa a todos!!!!

¡GRANDES ALEVINS!

Espesctacular a temprada que están a facer os nosos alevíns de 6º en fútbol – sala. Os nenos adestrados por Amancio veñen de conquerir o subcampionato da copa de Santiago. Nunha final apaixoante fronte ao Santiago de Compostela caeron por un dignísimo 6-3. Pero as boas novas non quedaron ahí xa que 4 días despois do trofeo Liceo La Paz derrotan na finalísima local ao CEIP Vite cun apretado 5-4. Noraboa a estes rapaces que co paso dos anos progresaron moitísimo.

Ademais, o pleno no Liceo está a un paso de conseguirse. Xa clasificados os equipos de Iniciación (2º), Benxamín (4º), Prealevín (5º) e Alevín (6º), tan só faltan os Prebenxamíns de 3º que disputarán a final local o vindeiro mércores ás 18.00 no pavillón de Santa Isabel, fronte ao Raíña Fabiola, reeditando a final da pasada campaña cando eran equipos de Iniciación. Moita sorte!

FINAL DE COPA ALEVÍN E AXENDA FIN DE SEMANA

Mañán venres, a partir das 19.00 no pavillón de Santa Isabel dispútase a final de Copa do campionato alevín de fútbol – sala. Os nosos enfróntase á Escola Deportiva Santiago. O equipo de Amancio entrou na final despois de deixar fóra de combate a moi bos equipos. Pase o que pase mañán para nós, xa son campións. Noraboa.

demais deste celébranse os seguintes encontros:

Infantiles: Compañía de María – La Salle, sábado 25, 9.30, Sergas.

Afeccioados copa: Atlético Fátima – La Salle, domingo 26, 17.00, Manuel Paz.

Ademais, os benxamíns de fútbol – 8, La Salle ” disputa un torneo en Trazo. Nas vindeiras horas colgaremos o calendario completo. Moita sorte ao noso equipo.

ENCONTROS FIN DE SEMANA

Para consultar os encontros desta fin de semana facer click na seguinte ligazón: Xornada 4 e 5 de maio de 2 013

En fútbol sala tan só nos quedan tres equipos en competición: La Salle “B” (PB2) e La Salle “A” (Alevín), ademais do feminino que xoga esta fin de semana a elminatoria previa da Copa. Recordamos que estas semanas estase a xogar a fase local do Liceo La Paz, para consultar o calendario facer click na pestana calendarios do menú da páxina principal.